CaixaBank e as empresas do Grupo CaixaBank que che indicamos a continuación (de agora en diante “Entidades Corresponsables”) son corresponsables do tratamento dos teus datos para realizar a análise da solvencia e da capacidade de devolución dos solicitantes e/ou titulares de produtos que impliquen financiamento.

  • CaixaBank, S.A.
  • CaixaBank Payments & Consumer, E.F.C, E.P., S.A.U.
  • Nuevo Micro Bank, S.A.U.
  • CaixaBank Equipment Finance, S.A.U.
  • Unión de Crédito para la Financiación Mobiliaria e Inmobiliaria, CREDIFIMO, E.F.C., S.A.U.
  • Banco BPI, S.A.
  • Facilitea Selectplace, S.A., Sociedad Unipersonal CaixaBank Wealth Management Luxembourg.

De acordo coa normativa aplicable, as Entidades Corresponsables asinaron un acordo de corresponsabilidade para determinados tratamentos. Os elementos esenciais deste acordo son os seguintes:

(i) Que, para determinados tratamentos identificados na política de privacidade, as Entidades Corresponsables actuarán de forma coordinada ou conxunta.

(ii) Que determinaron as medidas de seguridade, técnicas e organizativas, apropiadas para garantir un nivel de seguridade axeitado ao risco inherente aos tratamentos de datos persoais obxecto de corresponsabilidade.

(iii) Que dispoñen dun mecanismo de portelo único para o exercicio dos dereitos dos interesados. Isto significa que as solicitudes de dereitos que se reciben son xestionadas de forma centralizada, desde un único punto de entrada. As Entidades comprométense a colaborar e a asistirse mutuamente.

(iv) Que as Entidades cumpren co deber de segredo e gardan a confidencialidade dos datos persoais que se tratan.

(v) Independentemente dos termos do acordo de corresponsabilidade, os interesados poderán exercer os seus dereitos en materia de protección de datos fronte a cada un dos responsables.

Estes tratamentos de datos son necesarios para xestionar os contratos que nos solicites ou nos que sexas parte. Tamén para aplicar, se o pides, medidas precontractuais. Farémolo con base no art. 6.1.b) do Regulamento xeral de protección de datos (RXPD).

Estes tratamentos de datos son necesarios para que poidas contratar e manter os teus contratos connosco. Se non queres que realicemos este tratamento, deberiamos finalizar esas relacións, ou non poderías contratar se aínda non o fixeches.

A continuación, detallámosche a descrición da finalidade, a tipoloxía dos datos tratados, información sobre o uso de perfís e outra información relevante acerca do tratamento.

Finalidade: A finalidade deste tratamento de datos é saber se os solicitantes ou titulares de produtos ou servizos que implican o pagamento adiado de cotas poden pagar as cotas pactadas.

Outra das finalidades deste tratamento é saber se os titulares de produtos ou servizos que impliquen devolver diñeiro que adiantamos poden devolvelo.

Informarémosche do detalle deste tratamento no momento que solicites un dos produtos ou servizos citados ou no correspondente contrato do devandito produto ou servizo.

As operacións de tratamento que realizamos para a xestión interna do risco e para previr o impagamento son as seguintes:

  • Análise da capacidade de pagamento dos solicitantes no momento da concesión dos produtos e servizos citados.
  • Análise da capacidade de pagamento dos titulares de produtos e servizos citados, mentres estes estean vixentes.

Tipoloxías de datos tratados:

  • Datos de identificación e de contacto
  • Datos da túa actividade profesional ou laboral e socioeconómicos
  • Datos de contratación
  • Datos financeiros básicos
  • Datos de terceiros observados nos extractos e recibos de contas á vista e contas de pagamento
  • Datos obtidos da execución de modelos estatísticos
  • Datos de sistemas de información crediticia
  • Datos RISK SCORE de Equifax
  • Datos CIRBE
  • Datos demográficos e socioeconómicos
  • Datos sobre inmobles e vehículos asociados á túa persoa
  • Informacións obtidas de fontes de acceso público e rexistros públicos

Uso de perfís: Crearemos un perfil de riscos que usaremos exclusivamente para saber se podes devolver as cotas pactadas ou o diñeiro que che entregamos por adiantado.

  • Finalidade do perfil: este perfil serve para:
  • Saber a probabilidade de impagamento no momento de concederche un produto.
  • Aumentar ou reducir o importe concedido nas túas operacións vixentes.
  • Calcular as provisións e os requisitos de capital aplicables a CaixaBank.
  • Consecuencias: os perfís de risco axúdannos a decidir se che concederemos ou non a operación solicitada. Tamén nos axudan a avaliar se che aumentamos ou reducimos o importe concedido nas túas operacións vixentes.
    Cando solicites un destes produtos ou servizos por canles electrónicas, este perfil implica tomar decisións automatizadas para darche ou non o produto que estás solicitando.
    Tes o detalle completo no apartado “Outra información relevante”.
  • Lóxica: usarase a información indicada en apartado anterior “Tipoloxía de datos tratados”.
    Con esta información atribúese un valor específico a cada un destes datos. A suma destes valores dará unha puntuación relativa á probabilidade de impagamento.
    A importancia de cada variable e a súa influencia no resultado final calcúlase de maneira previa a través de modelos matemáticos e inclúese nas nosas políticas internas de risco.

Outra información relevante:

  • Decisións automatizadas: para analizar a túa capacidade de pagamento en solicitudes feitas por canles electrónicas usaremos tratamentos automatizados para comprobar se che podemos conceder, ou non, o financiamento que estás a solicitar.
    Se do cálculo anterior resulta que non che concedemos o financiamento, non poderás contratar por esta canle o produto solicitado. De todos xeitos, poderás pedir que un humano revise esta decisión.
    Podes contactar directamente con CaixaBank a través das canles informadas nesta política e poderás volver pedir a operación en calquera das nosas oficinas, onde a análise non incorpora decisións automatizadas.
  • Obrigas normativas: Estes tratamentos son necesarios para xestionar a nosa relación contractual. Tamén son necesarias para cumprir coa norma, a Lei 44/2002, de Medidas de Reforma do Sistema Financeiro, a Lei 10/2014, do 26 de xuño, de Ordenación, Supervisión e Solvencia de Entidades de Crédito, e outras obrigas e principios das normativas sobre concesión de préstamo responsable, normativas que nos aplican por ser unha entidade de crédito.
  • Consultas a sistemas de información crediticia: Realizaremos as consultas ás sistemas de información crediticia necesarias para analizar a túa capacidade de pagamento. Estas consultas farémolas de acordo co noso interese lexítimo detallado no apartado 6.4.D.
  • Consulta e comunicación á CIRBE: As consultas á CIRBE necesarias para a analizar a túa capacidade de pago realízanse de acordo co que se dispón na Lei 44/2002, do 22 de novembro, de medidas de reforma do sistema financeiro. Así mesmo, comunicaranse os datos necesarios para identificar as persoas con quen se manteñan riscos de crédito, de acordo coa mesma norma.
  • Elaboración de informes de xestión e modelos matemáticos: Usaremos os datos deste tratamento para facer informes de xestión e modelos matemáticos de acordo co indicado no apartado 6.4.F desta política.